Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número 4/2000.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e pavimentación da rúa 7 de Santa Lucía de Moraña.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 10.631.812 pesetas.

5. Garantía provisional: 212.636 pesetas. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

Don/a....., con DNI número....., expedido en....., con data do....., en nome propio (ou en representación de....., como acredita por.....), informada da convocatoria de concurso, polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia número....., do ..., toma parte nel comprometéndose a realiza-la obra de abastecemento de auga, rede de sumidoiros e pavimentación, rúa 7de Santa Lucía de Moraña, no prezo de..... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, conforme o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Luga, data e sinatura.

8. Apertua das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguinte ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 24 de xullo de 2000.

José A. Eiras Paz

Alcalde