Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (360/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria, do día 27 de xullo de 2000, adoptou entre outros o seguinte acordo:

1. Non admitir a trámite as alegacións presentadas por Antonio Feijóo Miranda en nome de hros. de Venancio de la Torre Bardelas e a súa esposa, polas razóns expostas no informe emitido pola Secretaría con data 20 de xullo de 2000 e polo técnico do 17 de abril de 1999.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación da zona 1 do SU-7 do PXOU.

O que se fa i público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 17 de agosto de 2000.

Enrique Novoa López

Alcalde-presidente aactal.