Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso, e tramitación urxente, da obra incluída no proxecto da rede de sumidoiros e depuradora de Xerlís, A Cruz e Campos (PPC/2000).

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Tramitación: Secretaría Xeral. Obxecto do contrato: rede de sumidoiros e depuración Xerlís, A Cruz e Campos incluída no PPC/2000, segundo proxecto do enxeñeiro de camiños, canles e portos Alfonso

Enríquez Moure, aprobado pola Comisión de Goberno do 16-8-2000. Prazo de execución: 3 meses. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso. Tipo de licitación: 17.070.137 ptas. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación. Garantía definitiva: 4%. Obtención de documentación e do prego, aprobado pola Comisión de Goberno do 21-8-2000: na Secretaría Xeral. Información: tlf: 986 57 01 65 ext. 15. Presentación de ofertas: nos trece días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da Secretaría Xeral, de 9 a 13 horas. Documentación que hai que presentar: Sobre nº 1: 1. DNI ou fotocopia debidamente compulsada, se se trata de persoas físicas. 2. De tratarse de persoas xurídicas, xuntarase escritura de constitución inscrita no Rexistro Mercantil, e poder verificado na súa suficiencia polo secretario da Corporación. 3. Declaración xurada de non estar incurso en prohibición de contratar segundo artigo 20 do Real decreto lexislativo

2/2000. 4. Fianza Prov. Sobre nº 2: proposición económica adaptada ó modelo do prego. Sobre nº 3: 1. Melloras no proxecto. 2. Outras obras de natureza análoga. Nos dous casos estarán especificadas e valoradas; segundo o modelo do prego. Apertura: en acto público, ás 12 horas do día hábil seguinte ó remate do prazo sinalado para a presentación de plicas. Se fose sábado, traladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Neste caso, a mesa comprobará a documentación presentada, outorgando ós contratistas, chegado o caso, un prazo de 3 días para corrixi-los defectos que se consideren deste carácter. A valoración dos puntos para a selección, levarase a cabo a mesa con posterioridade ó acto de apertura de plicas, podendo solicitar asesoramento técnico se o considerase oportuno. Adxudicación definitiva: pola Comisión de Goberno. Valoracións para resolve-lo concurso: a) Baixa no tipo de licitación 1 punto por cada 25.000 ptas., de baixa ou a cantidade que proporcionalmente corresponda. b) 1 punto

por cada 15.000 ptas. de obra de mellora no proxecto ou obras de natureza análogas, ou a puntuación que proporcionalmente corresponda. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. Información pública do prego e do proxecto: simultaneamente, nos oito días naturais seguintes á publicación do presente anuncio no DOG.

A Estrada, 21 de agosto de 2000.

O alcalde acctal.

Rubricado