Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 3 de agosto de 2000, acordou:

1. Aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior e o proxecto de urbanización que corresponden a un ámbito de 21.303,70 m no lugar de Monte Alfeirán, redactados polo arquitecto José Martiñán Soler.

2. Establecer que, previamente á aprobación definitiva, deberán cumprirse as determinacións ás que se refiren os informes técnicos que constan nos expedientes.

3. Somete-los documentos a información pública por prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG, ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e formula-las alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 9 de agosto de 2000.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde