Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia E2000/2).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: sección de contratación.

2. Obxecto do contrato: permuta de terreos para a adquisición polo Concello da Coruña dunha parcela destinada a depósito de vehículos que se retiren da vía pública.

Características do terreo que se lle entrega ó adxudicatario:

-Situación: ámbito do POL F8.01 (Vioño).

-Superficie estimada: 3.000 m.

-Descrición: labradío denominado Eira, no lugar de Infesta, parroquia de San Cristovo das Viñas, de cabida setenta e cinco áreas e setenta centíareas segundo o título, pero, en virtude de expropiación por parte do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo dunha porción da súa superficie, a superficie actual é de cincuenta e sete áreas cincuenta centiáreas, e segundo recente medición feita polos técnicos do Concello da Coruña, deu unha superficie de cincuenta e sete áreas corenta e unha centiáreas. (Os lindeiros do terreo descríbense no prego de cláusulas administrativas particulares).

-Referencia rexistral: libro 469, sección 2ª, folio 194 vº, predio 36.778.

-Referencia catastral: 7407801 e 7407802.

-Edificabilidade susceptible de apropiación polo adxudicatario: 90% do aproveitamento tipo correspondente.

-Valoración do terreo: 120.339.000 pesetas (723.251,96 euros), máis a cantidade resultante da liquidación correspondente ó IVE a un tipo do 16%. Esta valoración serve como cuantificación do límite máximo de contratación, sen prexuízo da concreción a que se realice no momento da adxudicación en función do prezo da oferta que resulte seleccionada.

Características mínimas da parcela que ofertarán os licitadores:

-Superficie mínima: 4.000 m.

-Totalmente libre de cargas e gravames ocupantes, colonos, arrendatarios ou calquera outro dereito de gozo e desfrute.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: non se fixa, quedando en liberdade os licitadores de ofertaren nas súas proposicións económicas o prezo en pesetas da parcela, para os efectos de poder realiza-la adecuada equivalencia.

5. Garantía provisional:

500.000 pesetas (3.005,06 euros).

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º.c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de proposicións: a) Prazo: un mes contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas

administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

8. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 22 de agosto de 2000.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación