Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 2/2000, servicio de recollida, transporte, tratamento e eliminación de residuos sólidos e líquidos deste complexo hospitalario.

Convocado o concurso público nº 2/2000 para a contratación do servicio de recollida, transporte, tratamento e eliminación de residuos sólidos e líquidos do Complexo Hospitalario de Ourense e á vista das actuacións practicadas de conformidade coa lexislación vixente, esta xerencia xeral, en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), resolve facer pública a adxudicación do concurso de servicios que se cita:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, nº 52, 32005 Ourense.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público.

3. Categoría do servicio e descrición: contratación do servicio de recollida, transporte, tratamento e eliminación de residuos sólidos e líquidos do Complexo Hospitalario de Ourense.

4. Data de adxudicación do contrato: 26 de xuño de 2000.

5. Criterios de adxudicación: proxecto organización: 5 puntos; prezo: 3 puntos, melloras complementarias ó proxecto: 2 puntos.

6. Número de ofertas recibidas: 5.

7. Nome e enderezo dos prestadores do servicio:

Lote I. Residuos sólidos urbanos, biosanitarios asimilables a urbanos, pilas botón e non botón: Consenur, S.A., NIF: A.36749414, rúa Río Ebro s/n. Polígono Finanzauto. 28500-Arganda del Rey (Madrid).

Prezo: 24.696.001 ptas. (148.425,96 euros), IVE incluído.

Período de execución do contrato: 4 anos.

Lote II. Residuos biosanitarios especiais e residuos citostáticos: Consenur, S.A., NIF: A.36749414, rúa Río Ebro s/n. Polígono Finanzauto. 28500-Arganda del Rey (Madrid).

Prezo: 132.102.616 ptas. (793.952,71 euros), IVE incluído.

Período de execución do contrato: 4 anos.

Lote III. Líquidos revelador e fixador radioloxía: Athisa, 2RBE, S.A., NIF: A.18485524, avda. de Andalucia s/n, Resid. Camposol, P.1, 1º C. Granada (18014).

Prezo: 17.330.000 ptas. (104.155,40 euros), IVE incluído.

Período de execución do contrato: 4 anos.

Lote IV. Residuos de natureza química: Ekonor, S.A., NIF: A.01038074, Larras de San Juan, s/n. 01191-Trespuentes (Álava).

Prezo: 2.156.312 ptas. (12.959,70 euros), IVE incluído.

Período de execución do contrato: 4 anos.

8. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial das Comunidades Europeas: 13 de marzo de 2000.

9. Data de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado: 31 de marzo de 2000.

10. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 24 de marzo de 2000.

11. Data de envío do anuncio: 26 de xullo de 2000.

12. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 11 de xullo de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense