Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se fan públicas as adxudicacións correspondentes ós expedientes 1-A/2000 e 6/2000.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anuncia as adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa. A Choupana s/n, 15706-Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e urxente.

3. Data de adxudicación do contrato: 30-6-2000.

4. Criterios de adxudicación do contrato.

Prezo: ata 3 puntos.

Características técnicas: ata 4 puntos.

Servicio: ata 1 punto.

Outras achegas: ata 2 puntos.

5. Número de ofertas recibidas: 1.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores.

Nome: Biosystems Hispania, S.A.

Enderezo: Ronda de Poniente, 5, Tres Cantos, 28760 Madrid.

7. Se é o caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor: nº de referencia da CPA:

Concepto: arrendamento dun espectómetro para screening neonatal.

Proveedor: Biosistems Hispania, S.A.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

39.676.640 ptas. (trinta e nove millóns seiscentas setenta e seis mil seiscentas corenta pesetas).

238.461,40 euros (douscentos trinta e oito mil catrocentos sesenta e un euros con corenta céntimos de euro).

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial das Comunidades Europeas: BOE: 5-1-2000, DOG: 7-1-2000.

12. Data de envío do anuncio: 26 de xullo de 2000.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa. A Choupana s/n, 15706-Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Data de adxudicación do contrato: 15-6-2000.

4. Criterios de adxudicación do contrato.

Prezo: ata 4,5 puntos.

Calidade de servicio: ata 4,5 puntos.

Outras achegas: ata 1 punto.

5. Número de ofertas recibidas: 1.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores.

Nome: Ascensores Enor, S.A.

Enderezo: avda. Alcalde Lavadores, 102, 36214 Vigo.

7. Se é o caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor: nº de referencia da CPA: CPV: 50750000.

Concepto: servicio de mantemento integral dos aparellos elevadores do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Provedor: Ascensores Enor, S.A.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

47.717.747 ptas. (corenta e sete millóns setecentas dezasete mil setecentas corenta e sete pesetas).

286.789,44 euros (douscentos oitenta e seis mil setecentos oitenta e nove euros con corenta e catro céntimos de euro).

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial das Comunidades Europeas: DOCE: 22-4-1999, BOE: 19-4-2000, DOG: 19-4-2000.

12. Data de envío do anuncio: 26 de xullo de 2000.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

Jordi Riba Hibernon

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela