Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución de caducidade do expediente de desafiuzamento D. OU-08/1997, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución de caducidade do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os interesados poderán presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e poderá interpoñelo ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 19 de xullo de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: D. OU-08/1997 (ocupación sen título).

Ocupantes: Mª José Neira Otero e Celso Cidre Rodríguez.

DNI: 32.618.164 e 34.912.677, respectivamente.

Último enderezo coñecido: r/ Pablo Iglesias, nº 3, 4º C, 32004 Ourense.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial, promoción pública, do expediente OR-83/010, conta 86, sen título legal.

Precepto aplicable: artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e artigo 138.2º do Regulamento de vivendas de protección oficial, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.