Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente de desafiuzamento D. OU-02/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

A interesada poderá presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

e poderá interpoñelo ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 19 de xullo de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: D. OU-02/2000 (ocupación sen título).

Ocupante: Mª Manuela Pires Teixeira.

Enderezo coñecido: Grupo 1º de Maio, bl. 3, 3º D, 32600 Verín.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial, promoción pública do expediente OR-82/030, sen título legal.

Precepto aplicable: artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e artigo 138.2º do Regulamento de vivendas de protección oficial, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.