Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación estatutaria da Asociación Galega de Áridos (AGA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 18 de xullo de 2000, a acta expedida polo secretario da devandita asociación, José Luis Fernández Piñeiro, avalada co visto e prace do presidente, na que se recollen os acordos acadados na asemblea xeral ordinaria do día 23 de xuño de 2000, e que se concretan na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

(Orde 21-7-2000)

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Dirección Xeral

de Relacións Laborais