Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación estatutaria da Federación Gallega de Comercio.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou,

o día 3 de agosto de 2000, certificación expedida polo secretario da referida federación, José Sánchez Bergantiños, avalada co visto e prace do presidente, na que se reflicte o acordo acadado na reunión da asemblea xeral ordinaria do día 11 de xullo de 2000, e que consiste na modificación do artigo 6 dos estatutos, referente ós fins da federación.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

(Orde 21-7-2000)

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Dirección Xeral

de Relacións Laborais