En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Profesionais da Danza Escénica de Galicia que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderá formar parte da asociación calquera persoa con dedicación profesional relacionada co mundo da danza, que desenvolva a súa actividade profesional en Galicia.
Asinan a acta de constitución: Cristiane Martínez Boullosa e dúas persoas máis.
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.
(Orde 21-7-2000)
María José Cimadevila Cea
Secretaria xeral da Dirección Xeral
de Relacións Laborais