Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Galega de Profesionais de Danza.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Galega de Profesionais de Danza que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser socios da asociación os profesionais da danza no ámbito da docencia, investigación e escena, que residan en Galicia.

Asinan a acta de constitución: Begoña Acuña González e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

(Orde 21-7-2000)

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Dirección Xeral

de Relacións Laborais