Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 30 de agosto de 2000 Páx. 12.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso, e tramitación urxente, da obra incluída no proxecto de iluminación e pavimentación da rúa Prolongación Antón Losada Diéguez (PPC/2000).

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia de tramitación: Secretaría Xeral. Obxecto do contrato: iluminación e pavimentación

rúa Prolongación Antón Losada Diéguez incluída no PPC/2000, segundo proxecto redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, aprobado pola Comisión de Goberno, do 16-8-2000. Prazo de execución: 3 meses. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso. Tipo de licitación: 15.000.000 de ptas. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación. Garantía definitiva: 4%. Obtención de documentación e do prego, aprobado pola Comisión de Goberno do 21-8-2000: na Secretaría Xeral. Información: tlf: 986 57 01 65 ext. 15. Presentación de ofertas: nos trece días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da Secretaría Xeral, de 9 a 13 horas. Documentación que hai que presentar: Sobre nº 1: 1. DNI ou fotocopia debidamente cotexada, se se trata de persoas físicas. 2. De tratarse de persoas xurídicas, xuntarase escritura de constitución inscrita no Rexistro Mercantil, e poder verificado na súa suficiencia polo secretario da Corporación. 3.

Declaración xurada de non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición de contratar segundo artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000. 4. Fianza provisional. Sobre nº 2: proposición económica adaptada ó modelo do prego. Sobre nº 3: 1. Melloras no proxecto. 2. Outras obras de natureza análoga. Nos dous casos estarán especificadas e valoradas; segundo o modelo contido no prego. Apertura: en acto público, ás 12 horas do día hábil seguinte ó remate do prazo sinalado para a presentación de plicas. Se fose sábado, traladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Neste acto, a mesa comprobará a documentación presentada, outorgándolles ós contratistas, chegado o caso, un prazo de 3 días para emenda-los defectos que se consideren deste carácter. A valoración dos puntos para a selección, levarase a cabo a mesa con posterioridade ó acto de apertura de plicas, podendo solicitar asesoramento técnico se o considerase oportuno. Adxudicación definitiva: pola Comisión Municipal de Goberno.

Valoracións para resolve-lo concurso: a) Baixa no tipo de licitación 1 punto por cada 25.000 ptas., de baixa ou a cantidade que proporcionalmente corresponda. b) 1 punto por cada 15.000 ptas. de obra de mellora no proxecto ou outras obras de natureza análogas, ou a puntuación que proporcionalmente corresponda. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. Información pública do prego e do proxecto: simultaneamente, nos oito días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG.

A Estrada, 21 de agosto de 2000.

O alcalde acctal.

Rubricado