Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 374/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 6 de xullo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente as alegacións efectuadas por Carmen Cid Romero e Engracia Rodríguez

Cid, conforme o informe do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística do 28 de xuño de 2000, que se transcribirá para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de normalización de predios no SU-2, zona 11, por instancia de Servando Gómez Crespo, en representación da sociedade mercantil Prado Lameiro, S.L., segundo documento refundido con data do 7 de xuño de 2000, que corrixe o cálculo de compensación inicial.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 13 de xullo de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente