Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CHANTADA

ANUNCIO.

José Antonio Fende Ledo, secretario xeral do Concello de Chantada (Lugo),

Certifica que o Pleno do Concello, na súa xuntanza do día 20 de xullo do 2000, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Aprobar definitivamente, por delegación de competencias da Xunta de Galicia, previstas na disposición adicional cuarta da Lei 1/1997, con base no informe favorable do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, os expedientes da modificacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Chantada, seguintes:

a) Da rúa desde a N-540 ó campo de fútbol.

b) Na zona das piscinas.

c) No treito de terreo que desde a rúa Luis Soto Lemos conduce á praza de nova creación que percorre paralela á rúa de Pardo Bazán.

O que se fai público para xeral coñecemento, en cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que contra os acordos adoptados se pode interpoñe-lo recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte hábil ó da publicación deste anuncio no DOG, ante este propio órgano municipal (artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Se o recurso de reposición se resolve expresamente, poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución e, se non se resolve expresamente, en seis meses desde o día seguinte a aquel no que se deba ter por desestimado.

Chantada, 24 de xullo de 2000.

José Antonio Fente Ledo

Secretario xeral

Sergio Vázquez Yebra

Alcalde-presidente P.D.