Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 11 de maio de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046/0014/33/0010230081, Banco Gallego, oficina principal, situada na Praza do Ferrol, nº 6 de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral da recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no devandito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer no prazo de 15 días, a partir do seguinte ó desta notificación, recurso de reposición ante ó órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de régime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Lugo, 11 de maio de 2000.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Bienvenida de la Torre García29767198TAsistencia sanitaria27-7-199924.840

Julio Cid Cid34993940SAsistencia sanitaria16-3-199924.840

Fabio A. González Gallego33345293PAsistencia sanitaria21-1-199924.329

Ángel Couto Yáñez32655609WAsistencia sanitaria11-6-199924.840

M. Gracia Blanco García47005987Asistencia sanitaria23-7-199951.152

Pilar Coedo Jato16034624JAsistencia sanitaria9-8-199924.840