Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 584/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 3 de agosto de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Bautista Rodríguez Díaz, o proxecto de urbanización da zona 1 do SU-7 do PXOU de Ourense, polígono de Portocarreiro.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 16 de agosto de 2000.

Enrique Novoa López

Alcalde accidental