Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Guillán avda. Berdón-A Caldigüela.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 765 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde o apoio N.23 da L.M.T. O Carril ata o C.T. existente da Caldigüela, no concello de Vilagarcía de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 3 de xullo de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra