Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/156-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: rúa Marqués de Valladares 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. a C.T. Gravas de Atios na canteira Anro.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea-subterránea, a 20 kV, a aérea de 70 m de de lonxitude, con conductor tipo LA-56, a subterránea de 20 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V. 1x95 Al, desde o entroncamento coa L.M.T. A Blokdegal ó C.T. en caseta que se instala para subministrar á canteira Anro de Gravas de Atios, S.A. en Alvarín (Atios), concello do Porriño..

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra