Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: recuamento L.M.T. As Mariñas.
Situación: Santa María de Oia.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 195 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde a L.M.T. Oia-Baiona rematando na mesma liña, no concello de Oia.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 3 de xullo de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra