Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.375

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de xullo de 2000 pola que se procede ó nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia de María del Carmen Fernández González como limpadora (grupo V, categoría 11).

En virtude da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 71, do 11 de abril) procedeuse á execución da sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, dictada con data do 9 de febreiro de 2000, pola que se estima parcialmente o recurso contencioso-administrativo tramitado polo procedemento abreviado 358/1999, interposto por Mª del Carmen Fernández González. En consecuencia, a interesada foi incluída na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 11, correspondente ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, publicada en virtude da Orde do 3 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 107, do 7 de xuño).

Por Resolución do 13 de xullo do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, Mª del Carmen Fernández González foi convocada para a elección de destino, dando así cumprimento á citada Orde do 30 de marzo de 2000.

Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria e realizado o acto de elec

ción de destino o día 20 de xullo de 2000, esta consellería, de conformidade co disposto no III Convenio colectivo único para o persoal laboral ó servicio da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal laboral fixo da Xunta de Galicia a Mª del Carmen Fernández González, con DNI 34.924.173 e adxudicarlle como destino definitivo o posto de limpadora (grupo V, categoría 11) do Conservatorio Superior de Música de Ourense, co código de posto ED.C99.40.401.32001.013.

Segundo.-Para adquiri-la condición de persoal laboral fixo, a interesada deberá tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo previsto no artigo 13 do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, á elección do demandante, perante o xulgado do contencioso-administrativo da

circunscrición na que teña aquela o seu domicilio ou a da Coruña, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O persoal que accede pola quenda de promoción interna poderá interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme os artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública