Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2000 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 2000, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria os cursos que figuran no anexo, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria, dirixi

ranse á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e presentaranse no seu rexistro xeral ou en calquera das súas delegacións provinciais sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de setembro.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección serán os que figuran no anexo, segundo as características de cada curso, e respectarán en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na Resolución 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asitencia ós alumnos que participen con regularidade no curso.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións do curso. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

* Curso: a xestión dos residuos no ámbito agrario galego.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-lo marco da normativa ambiental no tocante á contaminación por nitratos, expoñe-los aspectos específicos da contaminación nitroxenada das principais fontes agrarias e a presentación das medidas e as prácticas empregadas na súa análise.

2. Destinatarios.

Persoal técnico de producción agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria que intervén nos distintos programas relacionados coa xestión de residuos agrarios.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles funcionarios e persoal contratado que teñan máis relación cos temas de producción e sanidade vexetal, tanto na xestión administrativa como na execución dos programas de campo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Número de edicións: 1.

4.2. Duración de cada curso: 20 horas.

4.3. Datas: outubro-novembro de 2000; a data de comezo e o lugar de realización, notificaráselles persoalmente ós seleccionados.

4.4. Horario: das 9 ás 21 horas, horario de mañá e tarde segundo o día.

4.5. Número de prazas: 20.

5. Contido.

A xestión de residuos agrarios. Normativa ambiental a nivel comunitario, estatal e autonómico, análise dos efluentes zootécnicos nas explotacións gandeiras, plan de xestión de residuos agrarios, distintas alternativas á eliminación de xurros, reutilización en fertilización de cultivos agrícolas, a comisión de análises enerxéticas de residuos agrarios, análise dunha explotación tipo, emprego de lodos procedentes de depuradoras en agricultura.

* Curso: a producción integrada como sistema de explotación na producción agraria galega.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-lo marco normativo da producción integrada e a súa aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, así como os requisitos técnicos que deberán cumpri-los cultivos para o seu recoñemento como producción integrada.

2. Destinatarios.

Persoal técnico de producción agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria que intervén na execución de programas relacionados coa producción integrada.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles funcionarios e persoal contratado que teñan máis relación cos temas de producción vexetal e sanidade vexetal, tanto na xestión administrativa como na execución dos programas de campo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Número de edicións: 1.

4.2. Duración de cada curso: 20 horas.

4.3. Datas: novembro-decembro de 2000; a data de comezo e o lugar de realización, notificaráselles persoalmente ós seleccionados.

4.4. Horario: das 9 ás 21 horas, horario de mañá e tarde segundo o día.

4.5. Número de prazas: 20.

5. Contido.

O sistema de producción integrada: a normativa reguladora a nivel comunitario, estatal e autonómico. Regulamento de uso de marca de garantía. O sistema de certificación e control. Os regulamentos técnicos específicos.