Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.376

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 11 do grupo V (limpador/a e outros) (lista B) publicada por Resolución do 19 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 101, do 25 de maio).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 11 do grupo V (limpador/a e outros) (lista B) publicados na Resolución do 19 de maio de 2000 (DOG nº 101, do 25 de maio), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

-Incluír a Celia Nieto López con DNI nº 35.256.906 no ámbito xeográfico X3606 co número de orde 135, no ámbito xeográfico X3607 co número de orde 45 e no ámbito xeográfico X3610 co número de orde 47, en todos eles cunha puntuación de 0,250 puntos.

En consecuencia varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública