Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de efectos ambientais, a aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprenden o proxecto do parque eólico de Currás. (Expediente 4/2000).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización das instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autonóma de Galicia, e artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación de territorio de Galicia, artigo 10 do Decreto 2619/1966, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, sométense a información pública por soli-

citude da empresa Eurovento S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Declaración ambiental.

-Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Currás.

-Declaración de utilidade pública.

Denominación: Parque Eólico de Currás.

Peticionario: Eurovento S.L., rúa Varsovia, 4-C, 5ª planta, Área Central, As Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

Situación: concello de Mazaricos (A Coruña)

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (496.486 W; 4.751.794 N)

V (497.050 W; 4.751.866 N)

V (497.198 W; 4.751.294 N)

V (497.261 W; 4.751.305 N)

V (497.311 W; 4.751.033 N)

V (496.908 W; 4.751.011 N)

V (496.885 W; 4.751.227 N)

Características técnicas do parque eólico:

Nº de aeroxeradores: 6.

Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

Potencia total instalada: 7.800 kW.

Tipo de aeroxerador: Bazán-Bonus 1,3 MW.

Producción neta anual estimada: 4.322 MWh/ano.

Orzamento total: 979.496.725 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-6 aeroxeradores tipo Bazán-Bonus 1,3 MW, constituídos por unha torre metálica de 48 metros de

altura, un diámetro de pa de 62 metros e un xerador asíncrono de 1.300 kW, identificados cos números 1 ó 6 inclusive. Potencia total 7,8 MW.

-6 centros de transformación de 0,69/30 kV situados no interior da torre de cada aeroxerador, formados por un transformador de 1.600 kVA de potencia nominal unitaria e os elementos de protección e manobra correspondentes.

-840 metros de cable subterráneo RHZ1 18/30 kV 3x1x240 mm para a interconexión eléctrica entre aeroxeradores e a estación de manobra.

-1 estación de manobra, en caseta de formigón prefabricado, para realiza-la interconexión coa rede eléctrica existente para o parque eólico de Paxareiras IIF (A Ruña), a través da liña aérea de 30 kV SE Paxareiras. Estará composta por tres (3) celas de entrada de liña e unha de saída, cos elementos de protección e medida correspondentes.

-20 metros de cable subterráneo RHZ1 18/30 kV 3x1x240 mm para a interconexión eléctrica entre a liña 1 procedente do parque eólico de Paxareiras IIF (A Ruña) e a nova estación de manobra e 20 metros de cable subterráneo RHZ1 18/30 kV 3x1x240 mm para a interconexión eléctrica entre a liña 2 procedente do parque eólico de Paxareiras IIF (A Ruña) e a nova estación de manobra.

-75 metros de cable subterráneo RHZ1 18/30 kV 3x2x400 mm para a interconexión eléctrica entre a cela de saída da estación de manobra e o apoio 11 da liña de 30 kV SE Paxareiras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, s/n, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de agosto de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado Provincial da Coruña en funcións

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 4/2000.Provincia: A Coruña

Parque eólico de CurrásTermo municipal: Mazaricos

Nº de

predio

Ref.

catastral

PropietarioEnderezoCoprovLugar

(denominación

Termo

municipal

SoloGabia

(m)

**

Voo

(m)

***

Ocupación

temporal

obra (m)

****

Cimentación

(m)

*

Vía

(m)

*

Plataforma

(m)

*

1Pol. 57

Parc. 47

Concello de MazaricosA Picota, s/n15256 MazaricosMonte Ruña de ColúnsMazaricos1961.5004884004.00016.063

* Tipo de afección: expropiación de plena propiedade.

Dimensións: cimentación=14x14 m; accesos (=vía)=10 m de largo; plataforma=(12 mx10 m)+ (23 mx16 m).

Gabia=2 m de largo.

** Tipo de afección: imposición servidume paso eléctrico subterráneo.

*** Tipo de afección: imposición servidume voo pa do aeroxerador.

*** Tipo de afección: ocupación temporal (1 ano) para realización das obras de execución do parque eólico.