Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/325-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. fuso Cornido-Sta. Mariña (Freixeiro-Amenadas). Narón.

Situación: Narón (A Coruña).

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,005 km con orixe na L.M.T. aérea Cornido-Sta. Mariña (expte. 52760) e final na L.M.T. aérea Cornido-Sta. Mariña en C.T. Freixeiro (expte. 9322) en conductor LA-110/116,2 mm sobre apoios metálicos. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 0,943 km con orixe na L.M.T. aérea Cornido-Sta. Mariña (expte. 52760) e final no C.T. Freixeiro (expte. 9322) en conductor R.H.V.-12/20 kV 3(1x240) mm Al. C.T. non prefabricado de 630 kVA 15.000/380-220 V en rúa García Morato (concello de Narón). C.T. non prefabricado de 630 kVA 15.000/380-220 V en travesía de estrada de Cedeira (lugar de Freixeiro).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas polos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 13 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña