Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalacións eléctrica que se cita. (Expediente 226/1999).

Visto o expediente para o otorgamento da autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Domicilio para efectos de notificacións: avda. do Cruceiro da Coruña, 201A; 15705 Santiago de Compostela.

Título: L.A.T. 66 kV parque eólico Monte Treito.

Situación: Rois.

Descricións técnicas: liña eléctrica aéra de alta tensión de simple circuíto a 66 kV con orixe na subestación do parque eólico Monte Treito (expediente 14/1998), sobre apoios metálicos e con conductor LA-280, de 5.248 m de lonxitude, e final na subestación de apertura de la LAT a 66 kV Tambre-Padrón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa de instalacións eléctricas, esta delegación resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das referidas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertienente ó seu dereito.

A Coruña, 11 de agosto de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado en funcións