Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de reforma interior de antigas escolas para centro de ensino de música en Redondela-Conservatorio.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 16.921.290 pesetas, equivalentes a 101.699 euros, á baixa.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica polos medios establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela-36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 20 días contados desde o seguinte ó da apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: ó día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á correspondente cláusula do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 17 de agosto de 2000.

Emilio González Iglesias

Alcalde accidental