Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 11 de agosto do ano en que estamos, o prego de cláusulas administrativas particulares que deben rexer na contratación da prestación do servicio de limpeza do centro de saúde e casa do concello, exponse ó público na secretaría deste concello, polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentárense reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso aprazarase cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia Corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Samos (Lugo).

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

A prestación do servicio de limpeza do centro de sáude e Casa do Concello de Samos (Lugo).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Duración do contrato.

Un ano prorrogable por anualidades sucesivas, segundo a cláusula 4 do prego.

5. Orzamento base de licitación: 700.000 pesetas anuais, IVE incluído.

6. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación (14.000 pesetas).

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Samos. Praza de España nº 1. 27620-Samos (Lugo). Teléfono: 982 54 60 02.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

9. Documentación que hai que presentar: a esixida no cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: non se esixe.

-Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 16 do prego.

11. Apertura de ofertas: no salón de sesións do Concello de Samos, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás se é sábado, que se realizará o día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Samos, 17 de agosto de 2000.

Carlos R. Belón Ares

Alcalde