Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 2 de agosto de 2000, prestou aprobación ó proxecto e pregos de condicións económico-administrativas para a contratación das obras de reforma e acondicionamento de Escola-Fogar para albergue, cun orzamento de 30.407.898 ptas. e un prazo de execución de 6 meses.

As obras axudicaranse polo sistema de concurso en procedemento aberto e tramitación urxente.

O que se expón ó público polo prazo de 15 días o proxecto, e 8 días os pregos, para efectos de exame e presentación de reclamacións, coa excepción do disposto no artigo 122.2º do R.D. lexislativo 78/1986, do 18 de abril, e anúnciase a licitación das obras para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

No BOP publicarase extracto de convocatoria da licitación.

Quiroga, 14 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado