Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PEROXA

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía do 9 de agosto de 2000, aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite urxente para a contratación por concurso das obras de rehabilitación dos arredores do castelo da Peroxa, (obra nº 26-8-2000, POL 2000), abastecemento en Vilar de Corbelle (obra nº 56 Plan Base 2000), os

cales se expoñen ó público polo prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúncianse concursos públicos polo trámite urxente, se ben as licitacións se aprazarán cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra os citados pregos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Peroxa.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto dos contratos. Descripción.

a) A execución da obra de rehabilitación dos arredores do castelo da Peroxa, obra nº 26-8-2000, POL 2000, segundo o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes. Prazo de execución: 3 meses.

b) A execución da obra de abastecemento en Vilar de Corbelle, obra nº 56 Plan Base 2000, segundo o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Obra de rehabilitación dos arredores do castelo da Peroxa, o orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 10.000.000 de pesetas.

b) Obra de abastecemento en Vilar de Corbelle, o orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 6.664.500 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: será do 2% do orzamento de contrata da obra.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Peroxa.

b) Domicilio: A Peroxa.

c) Localidade: A Peroxa, CP: 32150.

d) Teléfono: 988 20 66 14.

e) Fax: 988 20 66 19.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación para ningunha das obras citadas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19º de cada prego.

c) Lugar de presentación: Concello da Peroxa.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello da Peroxa.

b) Data: ás doce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

10. Gastos do anuncio.

Os gastos do presente anuncio serán por conta dos adxudicatarios das obras.

A Peroxa, 11 de agosto de 2000.

Manuel Seoane Rodríguez

Alcalde