Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 6 de abril de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Inicia-lo expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto de urbanización da UA nº 4 do SU-23 do PXOU, polo procedemento de taxación conxunta.

2. Expoñer ó público o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto de urbanización da UA nº 4 do SU-23 do PXOU mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico dos de maior circulación da provincia, por espacio dun mes, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións ou reclamacións que coiden convenientes, en particular sobre o que concirne á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

3. Notificarlles individualmente ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes.

Relación de propietarios afectados.

Nº predio: 1.

Propietario: José Rodríguez Álvarez.

Prezo xusto: 1.423.522 ptas.

Ourense, 12 de abril de 2000.

Manuel Cabezas Enríquez

Alcalde