Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 21 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a resolución denegatoria da subvención solicitada para a creación de establecementos de turismo rural.

Ó non poderse, por medio de Correos, practica-la notificación da resolución denegatoria de subvención que para a creación de establecemento de turismo rural formulou María de los Ángeles Fernánez Pasos (DNI: 34.585.582) ó abeiro da orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 16 de febreiro de 2000 (DOG 45, do 6 de marzo), pola que se anuncian subvencións para a creación de establecementos de turismo rural, seguindo o establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, insírese esta cédula no Diario Oficial de Galicia, indicándose que contra a resolución de denegación, por documentación incompleta e que esgota a vía administrativa, poderá a interesada titular do expediente da subvención denegada, no prazo de dous meses contados desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, interpoñer recurso

contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia ou potestativamente interpoñer, no prazo dun mes desde a inserción desta resolución, recurso de reposición perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2000.

P.D. (Resolución do 4-11-1999)

Antonio Díaz Otero

Subdirector xeral de Ordenación do Turismo