Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 24 de agosto de 2000 Páx. 12.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 12 de xuño de 2000, aprobou inicialmente o

proxecto de urbanización da rúa de nova apertura da unidade de actuación da Queimada, promovido por Inmobiliaria Noyasar, S.L.

O ámbito da urbanización proxectada afecta ás parcelas resultantes da reparcelación aprobada o 7 de maio de 1999 e, con carácter provisorio, á parcela número 8 do PERI-9 (casa número 108 da rúa de Mallou de Arriba).

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2000.

P.D.

Luís Toxo Ramallo

Alcalde