Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 24 de agosto de 2000 Páx. 12.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o presente contrato ten por obxecto a contratación das obras incluídas no proxecto de acondicionamento e saneamento do río Sarela.

Tipo de licitación: 18.027.935 ptas. IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución das obras será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: deberán ser presentadas de 9 a 14 horas no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela no prazo de 13 días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios), teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 23 93.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no anexo IV do prego de condicións.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Secretaría), ás 12 horas, o día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D./Dª..... con domicilio en..... rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº...., actuando en nome propio (ou en representación de..... DNI ou CIF nº..... toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de...., e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de..... ptas. (en letras e números), que supón unha baixa de..... ptas. (en letras e números), con respecto ó tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En....., o..... de..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación do concurso..... presentado por.....

En....., o..... de..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación, exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente-alcalde