Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 24 de agosto de 2000 Páx. 12.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000 mediante a que se anuncia poxa urxente para a contratación das obras de sinalización turística na zona rural do concello de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras; Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: ref.1281.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do proxecto de sinalización turística na zona rural do concello de Ourense.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

4.1. Importe total: 35.076.891 ptas., IVE incluído.

5. Fianzas.

5.1. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras; Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 36.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade e que teñan a seguinte clasificación: grupo K, subgrupo 5, categoría c.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1.

8.3. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 28 de xuño de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde