Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 24 de agosto de 2000 Páx. 12.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

1. Obxecto: subministración de balizamentos para as praias de Montalbo e Areas, en réxime de aluguer con dereito a opción e compra.

2. Contrato complementario: montaxe e desmontaxe dos balizamentos das praias de Silgar, Areas, Canelas, Caneliñas, Panadeira e Montalbo; custodia de tempada e reposicións.

3. Duración do contrato: catro anos.

4. Prezo: 15.899.200 ptas./ano.

5. Procedemento: aberto.

6. Forma de adxudicación: concurso público.

7. Prazo de presentación de ofertas: oito días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos diarios oficiais en publicalo.

8. Lugar de presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello, de luns a sábado das 9 ás 13 horas, ou en calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992.

9. Apertura de ofertas: o quinto día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de ofertas, ás doce horas, no salón de sesións da casa do concello.

10. Fianza provisional: 317.784 ptas.

O expediente está á disposición dos interesados nas dependencias xerais do concello, de luns a sábado, das 9 ás 13 horas. Pódense efectuar consultas no teléfono 986 72 00 75/76.

Sanxenxo, 18 de xullo de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde