Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 24 de agosto de 2000 Páx. 12.234

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo con carácter de pacto extraestatutario da empresa Hermanos Pérez Muebles Diseño, S.L. de Ourense.

Vista a solicitude e documentación adxunta presentada nesta delegación provincial sobre o rexistro de depósito do acordo alcanzado por Manuel Constantino Pérez Rodríguez, en calidade de administrador único da empresa e os traballadores, que compoñen o cadro de persoal da empresa Hermanos Pérez Muebles Diseño, S.L., situada na estrada de Santiago km 243.6 Gustei-Ourense, dedicada ó comercio de mobles, e de acordo cos seguintes antecedentes:

1. Con data de rexistro de entrada nesta delegación do 21-6-2000, recíbese escrito de Manuel Constantino Pérez Rodríguez, remitindo a seguinte documentación:

a) Texto do acordo ou pacto extraestatutario asinado pola totalidade dos traballadores.

b) Folla estatística de convenios colectivos de empresa, debidamente cuberta.

2. A empresa carece de órganos de representación unitaria dos traballadores.

Fundamentos de dereito:

1. A competencia desta delegación para coñecer do expediente vén disposta polo Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, en relación co Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

2. O artigo 37.1º da Constitución recoñece o dereito á negociación colectiva laboral entre os representantes dos traballadores e empresarios, así como a forza vinculante dos convenios. O título III do Estatuto dos traballadores, desenvolve o citado precepto constitucional. Ambos textos legais esixen, para que os acordos ou convenios entre as partes alcancen a consideración de convenios colectivos propiamente ditos ou estatutarios, que sexan subscritos polos lexítimos representantes destes, artigo 87 do Estatuto dos traballadores, asimesmo o artigo 6.3º b) da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, reserva ás organizacións sindicais a facultade da negociación colectiva conforme o previsto no Estatuto dos traballadores.

3. O citado acordo goza do amparo, por unha parte do dispoto nos artigos 1.1º e 3.1º c) do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; e doutra polos artigos 1281 e sucesivos, así como polos artigos 1254 e 1257 do Código Civil. Desta forma, o acordo ou convenio extraestatutario vale como pacto e lei entre as partes, segundo se predica do contrato. Son, pois, convenios colectivos de eficacia limitada. Existen, ademais, preceptos que, previstos para os convenios colectivos estatutarios, se aplican ós extraestatutarios. Así sucede co rexistro e depósito destes últimos, ós que se refiren os artigos 2, letra f) do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, BOE do 6 de xuño, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e o artigo 1, punto 1, letra c), e punto 2, do Real decreto 2756/1979, do 23 de novembro, que fai referencia ó Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación e as súas funcións encomendadas.

Igualmente é de aplicación nos acordos ou convenios extraestatutarios, o disposto no artigo 90.5º, como vía de impugnación.

En virtude do anteriormente exposto, e tendo en conta as disposicións citadas e demais de xeral aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Primero.-Ordena-la inscrición do citado acordo co carácter de pacto extraestatutario no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta, nesta delegación provincial.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito na Servicio de Relación Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe

e Conciliación dependentes desta delegación provincial (UMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Notifíqueselles esta resolución á empresa e ós traballadores afectados, facéndolles sabe-lo dereito que teñen de recorrela, se non están conformes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o director xeral de Relacións Laborais, podendo presenta-lo recurso de alzada, ben nesta delegación, ben na citada dirección xeral.

Ourense, 5 de xullo de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Pacto extraestatutario da empresa Hermanos Pérez Muebles Diseño, S.L.

Artigo 1º

De conformidade co Estatuto de traballadores, o presente pacto afectará a tódolos traballadores da empresa Hermanos Pérez Muebles Diseño, S.L., do sector de venda de mobles.

Quedan excluídos do presente convenio:

a) O persoal de alta dirección ou alto consello e os socios de empresas que revistan a forma xurídica de sociedade.

Artigo 2º

O presente pacto terá unha duración dun ano entrando en vigor o 1 de xaneiro de 2000 e rematando o 31 de decembro de 2000, se ben os seus efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 2000, manténdose a vixencia del en tanto en canto non se negocie outro que o substitúa. A forma de denuncia será por medio dunha parte á outra na que se fará consta-la pretensión de denuncia-lo pacto, a representación que presenta para negociar, así como as materias que se van negociar.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes deste pacto serán absorbidas ata onde chegue o cómputo anual con aqueloutras condicións que puideran establecerse por disposición legal, salvo cando se pacte expresamente o contrario.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

1. A duración da xornada anual de traballo efectivo no presente pacto será no ano 2000 de 1.780 horas.

2. As ditas xornadas considéranse de traballo efectivo.

Artigo 5º.-Vacacións.

O tempo anual de vacacións será de 30 días naturais a salario real ou a parte proporcional que corresponda no caso de non levar traballando o ano requirido para o desfrute pleno deste dereito. O total de días anuais de vacacións repartiranse para os efectos de desfrute con carácter xeral da seguinte forma: 15 días seguidos que se desfrutarán en verán.

O resto que se desfrutará de acordo entre o traballador e a empresa, atendendo de forma prioritaria ás necesidades de producción.

Deberá facerse público cun mínimo de dous meses a data das vacacións.

A retribución que se vai percibir por vacacións comprenderá o termo medio da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, a excepción das horas extraordinarias e as gratificacións extraordinarias.

Os traballadores que ceses no transcurso do ano terán dereito a que na liquidación que se lles practique ó momento de baixa na empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

Polo contrario, e nos ceses de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique, os días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

Para o efecto de devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal fose a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute das vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó seu vencemento, o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamentos por finalización de contrato. No caso de baixa por accidente laboral os traballadores afectados polo seguinte pacto terán dereito a pospone-las súas vacacións, sinalándose un novo período que se fixará de común acordo entre a empresa e o traballador afectado.

Conceptos retributivos.

Artigo 6º.-Salario.

As táboas retributivas para o ano 2000 serán as que aparezan a continuación e que é o resultado de aplica-lo 3,5% ás táboas salariais de 1999 e á que se lle engadirá ademais a parte correspondente á compensación por supresión de antigüidade.

Artigo 7º.-Antigüidade.

1. A partir do 30 de setembro de 1996, non se devengarán por este concepto novos dereitos quedando polo tanto suprimido.

Non obstante, os traballadores que tiveran xerado ou xerasen antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos ou contías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A dita contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto de antigüidade consolidada, e non sendo absorbible nin compensable.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición deste concepto, calcularase o equivalente a 8 anos das bases e porcentaxes de concepto de antigüidade de cada pacto de ámbito inferior ó presente ou no seu defecto das porcentaxes da ordenanza laboral.

A contía resultante dividirase entre cinco e será a que se adicionará ó importe anual do salario base durante os cinco primeiros anos.

Transcorridos os cinco primeiros anos, desaparecerán as ditas contías e a antigüidade quedará no sucesivo cos valores que tiveran o 30 de setembro de 1996.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo serán de 30 días de salario base máis antigüidade. Consideraranse gratificacións extraordinarias, os complementos salariais de vencemento periódico superior ó mes.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que se abonarán, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e se devengarán por semestres naturais, e por cada día natural en que se devengase o salario base.

Devengo de pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

A contía dos ditos complementos será a que se especifique para cada un dos grupos ou niveis nas táboas deste convenio incrementada, coa antigüidade que corresponda.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores, no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 9º.-Indemnizacións por desgaste de ferramentas.

Establécese unha indemnización por desgaste de ferramentas para aqueles traballadores ós que non lles sexa facilitada pola empresa consistente en 39 ptas. por día efectivo de traballo para o oficial e de 20 ptas. para o axudante. A empresa determinará os casos de achega de ferramentas polo traballador.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Establécese un permiso retribuído nos casos que se indica e polo tempos que se sinala.

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogros: 3 días naturais, ampliables ata 5 no caso de desprazamento superior a 150 km.

Enfermidade grave de pai, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós: 3 días naturais ampliables ata 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.

Falecemento de noras, xenros, cuñados, e avós políticos: 2 días naturais ampliables ata 4 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.

Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados y avós políticos: 2 días naturais ampliables ata 4 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.

Nacemento de fillo ou adopción: 3 días naturais, ampliables a 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.

Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

Cambio de domicilio habitual: 1 día laborable.

Deber inescusable de carácter político ou persoal: o indispensable ou o que marque a norma.

Lactación ata nove meses: ausencia dunha hora ou dúas fraccións de media hora, reducción da xornada en media hora.

Traslado: (artigo 4 o Estatuto dos traballadores) 3 días laborables.

Matrimonio de fillos: 1 días laboral.

Funcións sindicais ou de representación de traballadores: o establecido na norma.

O tempo necesario para acudir ó médico presentando a xustificación correspondente.

No caso de hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade os traballadores terán dereito a 2 días naturais. Cando por tal motivo o traballador necesite desprazarse para o efecto, o prazo será de 4 días.

Por falecemento de tíos: 1 día natural.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará a tódolos traballadores as pezas de seguridade a que houbese lugar adaptadas ós distintos postos de traballo. A roupa de traballo e as pezas de seguridade repoñeranse sempre que sexa necesario, cando o seu grao de deterioración non sexa imputable á neglixencia do traballador. Estas pezas serán sempre da empresa e o traballador virá obrigado á boa conservación e emprego.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

A axuda de custos é un concepto de devengo extrasalarial, de natureza indemnizatoria ou compensatoria, e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

O traballador percibirá axuda de custo completa cando, como consecuencia do desprazamento, non se poida pasa-la noite na súa residencia habitual, devengarase sempre por día natural.

Devengarase media axuda de custo cando, como consecuencia do desprazamento, o traballador afectado teña necesidade de realiza-la comida fóra da súa residencia habitual e non lle fose subministrada pola empresa, e poida pasa-la noite na citada resi

dencia. A media axuda de custo devengarase por día efectivo de traballo.

O persoal afectado por este convenio aboaráselles no caso de desprazamento fóra do seu centro de traballo habitual os gastos ocasionados e debidamente xustificados.

Artigo 13º.-Retribucións de menores.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente pacto terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O contido do contrato, ó igual que as súas posibles prórrogas terán que formalizarse por escrito, e figurará nel de modo claro, a actividade ou profesión obxecto de aprendizaxe.

A idade do traballador cun contrato destas circunstancias non poderá ser inferior a 16 anos nin superior a 22 anos.

a) A duración máxima será de 3 anos, xa sexan alternos ou continuos.

b) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a 6 meses podendo prorrogar ata tres veces por períodos como mínimo de 6 meses.

c) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase á formación teórica. Concretarase no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico.

O salario que percibirá o aprendiz será o 75%, 85% e 95% do salario do axudante, durante o primeiro, segundo ou terceiro ano do contrato respectivamente.

Artigo 14º.-Vinculación á totalidade.

No caso de non ser autorizado pola autoridade laboral competente, algún dos preceptos deste pacto, este quedará sen efecto debendo considerarse o seu contido total.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

As empresas están obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo no prazo de tres meses a partir da contratación do traballador unha póliza de seguros para a cobertura dos riscos de morte e incapacidade para todo tipo de traballo dos traballadores por accidente laboral incluído ou «in itinere» que lle garante ó traballador accidentado ou ós seus habentes-causa no caso de morte ou invalidez para todo tipo de traballo por causa fortuíta, espontánea e exterior á vontade do traballador, o percibimento da indemnización seguinte:

2.500.000 ptas. no caso de morte.

3.500.000 ptas. no caso de incapacidade para todo tipo de traballo.

3.000.000 de ptas. no caso de incapacidade permanente total para a profesión habitual.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida o traballador causar na Seguridade Social ou montepío. Non obstante, as indemnizacións a que se fai mención neste artigo non se considerarán como entrega a conta da indemnización que, se é o caso, poderá declarara con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, unha vez exista sentencia definitiva, sobresemento ou renuncia de acción.

Artigo 16º.-Situacións de incapacidade laboral.

Tódolos traballadores afectados por este pacto, no caso de accidente laboral, con ou sen hospitalización percibirán polo período de ILT por conta da empresa, o 100% do salario desde o día 10 ata o 70 ambos inclusive. Para os supostos de enfermidade común e enfermidade profesional percibirán no caso de ILT a cargo da empresa o 100% do salario desde o día 20 ó 60 ambos inclusive.

Artigo 17º

No non previsto no presente pacto extraestutario haberá que aterse ó disposto no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no convenio estatal da madeira asinado o 21 de marzo de 1996, como dereito de directa aplicación para todas aquelas cuestións non recollidas neste convenio.

Artigo 18º.-Sistema de contratación.

Durante a vixencia do presente pacto, a conversión en indefinidos daqueles contratados que se concertasen con carácter temporal ou por duración determinada se acollerá ó disposto na letra b), parágrafo 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medias urxentes para a mellora do mercado de traballo e o fomento á contratación indefinida, en virtude da cal os ditos contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Artigo 19º.-Fomento á contratación.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º.b do Estatuto dos traballadores, para dar unha menor precarización no emprego que se derivan do actual ciclo económico, o contrato por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas e excesos de pedidos a que se refire o dito artigo poderá celebrarse cunha duración mínima de seis meses e un máximo de trece meses e medio, nun período de dezaoito meses.

O presente contrato sométese a un réxime específico de extinción con esixencia de aviso previo escrito con alomenos 15 días de antelación, de 12 días por ano traballado, entendéndose que a dita indemnización corresponde por finalización das prórrogas xa que no caso de producirse a extinción por causa non imputable ó traballador, este terá dereito a percibi-la indemnización que legalmente corresponda por despido.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os atrasos do presente convenio aboaranse nun prazo non superior a 30 días desde a súa publicación no BOP.

Segunda.-Co fin de axusta-lo calendario laboral anual no presente ano 2000 fíxanse como días non laborables o 24 de xullo, 13 de outubro, 7 de decembro e a tarde do 22 de decembro, salvo acordo entre empresa e traballadores para fixar outros distintos.

Terceira.-No caso de que o IPC previsto polo Goberno superase o 2% máis o 0,2 actualizaranse as táboas salariais e adicionarase o dito incremento, de producirse, ó que se pacte para o ano 2001.

Táboa salarial

CategoríaS. baseC. antigüidadeTotal

Peón 98.4731.330 99.803

Axudante107.1581.448108.606

Oficial 2ª109.8391.484111.323

Oficial 1ª110.2281.489111.717

Encargado112.8661.525114.391

Auxiliar administrativo108.6551.448110.103

Administrativo de 2ª109.8391.484111.323

Administrativo de 1ª110.2281.489111.717

Relación de traballadores da empresa Hermanos Pérez Muebles Diseño, S.L.

Antonio Novoa RodríguezDNI: 34.589.892-P

José Antonio Gil VázquezDNI: 34.967.641-M

Genaro Ángel Rodríguez MartínezDNI: 34.947.990-L

José Antonio Pérez PérezDNI: 34.980.300-Z

Cristina Pérez VázquezDNI: 34.784.760-N

Mónica Pérez VázquezDNI: 44.451.781-A

Francisco Rodríguez ÁlvarezDNI: 34.465.573-G

José Fidel Serrano CarreiroDNI: 34.935.251-E