Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DE TRIVES

ANUNCIO de licitación.

Obxecto da licitación: contratación da elaboración do proxecto expositivo, de execución, montaxe, instalación e dirección técnica da actuación: contidos do Centro de Interpretación Histórico-Cultural da Comarca Terras de Trives-Santa Leonor (A Pobra de Trives-Ourense).

Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

Lugar de execución: A Pobra de Trives (Ourense).

Importe da licitación: 65.000.000 de ptas. (390.657,8679 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Envío de ofertas: Secretaría do Concello-Contratación do Concello da Pobra de Trives (Ourense).

Datas para a presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio (derradeira publicación).

Horario: 10 a 14 horas. De luns a venres.

Garantía provisional: non se esixe.

Informacións e prego: Casa do Concello da Pobra de Trives (Ourense).

E-mail: CTRIVES*teleline.es

Teléfono: 988 33 00 00. Fax: 988 33 10 10.

Ó mesmo tempo exponse ó público o prego de condicións polo prazo de oito días para os efectos procedentes. Se se presentaren delegacións ó prego, adiarase o prazo o que sexa preciso.

Nota: o presente anuncio é a cargo do adxudicatario.

A Pobra de Trives, 31 de xullo de 2000.

Luis Álvarez González

Alcalde