Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2000 mediante a que se anuncia concurso público para a construcción e explotación dun estacionamento para vehículos no contorno do Parque de San Lázaro.

Na Comisión de Goberno de data 3 de agosto de 2000, aprobouse o prego articulado de condicións

técnicas, xurídicas e económicas que rexerá o concurso público para a construcción e explotación dun estacionamento para vehículos no contorno do Parque de San Lázaro, e publícase o anuncio da dita contratación.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.

1.3. Número de expediente: 737/00.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto, para o establecemento dunha concesión administrativa para o uso privativo do subsolo coa construcción dun aparcamento subterráneo e a súa posterior explotación no contorno do Parque de San Lázaro.

2.2. Duración da concesión: o prazo máximo da concesión será de 50 anos, contados a partir da data de recepción das obras.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Trámite: ordinario.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Canon:

4.1. O concursante ofrecerá na súa proposición o canon anual que lle aboará ó concello.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 1.000.000 de ptas. (6.010,121 euros).

5.2. Definitiva: correspondente ó 4% do orzamento das obras e por concesión 2.000.000 de ptas. (12.020,242 euros).

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: área de infraestructuras, negociado de vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 36.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

7.2. Clasificación do contratista:

Grupo A; sugbrupo1; categoría e.

Grupo C; subgrupos 2, 6 e 7; categoría e.

Grupo E; subgrupo 1; categoría e.

Grupo G; subgrupos 3 e 6; categoría e.

Grupo I; subgrupos 1 e 9; categoría e.

Grupo J; subgrupo 2; categoría e.

Grupo K; subgrupos 6 e 9; categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 30 días naturais, contados a partir do seguinte aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOE, DOG ou BOP, da 9 ás 13 horas.

8.2. Documentaciónpara presentar: a que figura no artigo 11 prego de condicións.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 8 de agosto de 2000.

Enrique Novoa López

Alcalde en funcións