Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Pontedeume.

O Pleno do Concello, en sesión do día 27 de xullo de 2000, adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, relativas á recalificación dunha zona de Andrade a solo apto para urbanizar de uso industrial, promovida por Ediciones Informatizadas, S.A. (Einsa), e de somete-lo expediente a información pública durante un mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun diario de ampla circulación da provincia.

As áreas obxecto da modificación do planeamento, nas que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente e que, polo tanto, quedan afectadas pola suspensión de licencias a que se refire o artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia e o artigo 120 do Regulamento de planeamento, son as seguintes:

Terreos comprendidos na seguinte delimitación: norte, solo non urbanizable de protección forestal; sur, estrada de Campolongo a Monfero; leste, camiño veciñal de servicio e parcelas números 565, 567 e 571, e oeste, camiño veciñal de servicio. A extensión superficial da extensión é de 7,91 hectáreas e comprende os predios seguintes: 526, 527, 566 do 572 ó 695, incluídos ámbolos dous, 615, 616 e do 628 ó 646 ámbolos dous incluídos.

A suspensión terá un ano de duración.

Pontedeume, 4 de agosto de 2000.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde