Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A asemblea xeral da xunta de compensación do polígono 1 do solo urbanizable programado número 3 (DUP-3) da Pontepedriña, na reunión do 24 de xullo de 2000 acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación do citado polígono.

O consello rector da xunta de compensación solicita do concello, ó abeiro do previsto no artigo 134.1º da LSG, a ocupación dos terreos dos propietarios non adheridos á xunta.

Para estes efectos, no proxecto de compensación contense a adxudicación ós propietarios non adheridos dunha parcela edificable coa reducción axeitada para compensa-los gastos de urbanización correpondentes.

De conformidade co disposto nos artigos 102.4º e 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

De acordo co previsto no artigo 42.6º da LSG, este anuncio servirá de citación a tódolos propietarios de paradoiro ou identidade descoñecida que non poidan ser citados persoalmente para o trámite de información pública; para estes efectos inserimos a continuación a relación de propietarios afectados.

Relación de propietarios incorporados á Xunta de Compensación:

ParcelaPropietario

1-6, 8, 9, 11-19, 21-27, 28-41, 45-78, 80-90, 93-108, 110-116, 118, 120-134, 136-146Unión Hotelera Galega, S.A.

20Luís Hermo Muras

27 bis (litixiosa)Hros. de Seisdedos Castro/Jesús García Iglesias

43, 44Irmáns Madriñán Rodríguez

91, 92Inmobiliaria del Noroeste

119Carmen Paredes Cepeda

79Concello de Santiago

Relación de propietarios non incorporados á Xunta de Compensación:

ParcelaPropietarioRef. catastralm

7Hros de Juana Lema Lema6964412NH3476C55

10Irmáns Seoane Fuentes6964416NH3476C112

42Manuel Vidueiro Freán7164907NH3476C51

117Maximino García Vidal7263605NH3476C46

109Hros. de Josefa Fraga Nieto7263612NH3476C75

135María e Mª del Carmen Sixto Mariño7263629NH3476C185

147Ministerio de Fomento665

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde