Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión do Concello, na súa sesión do 10 de xullo de 2000, aprobou definitivamente os proxectos de urbanización e de compensación da unidade de execución número 16 (U-16), Muíño de Sar, do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), promovido por Construcciones y Promociones Pepe Noya, S.L.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; ou alternativamente, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2000.

Xosé Sánchez Bugallo

Alcalde