Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO de poxa, por procedemento aberto e tramitación urxente, das obras de recuperación da arquitectura popular do liño e actuación no seu contorno natural.

1. Obxecto do contrato: a presente poxa ten por obxecto a contratación da execución da obra recuperación da arquitectura popular do Liño e actuación no seu contorno natural.

2. Tipo de licitación: o tipo de licitación é de 32.150.496 pesetas.

3. Prazo de execución: tres meses.

4. Presentación de proposicións: as proposicións para tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral do concello, no prazo de trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación, ben sexa no BOP da Coruña, ou no Diario Oficial de Galicia, en horas de 9 a 13 (se coincide en sábado o último día do

prazo de presentación de proposicións, este ampliarase ata o luns seguinte), en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 12 do prego de cláusulas.

5. Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares: os pregos de cláusulas administrativas particulares que van rexer esta contratación, aprobados polo Pleno da Corporación, en sesión do 12 de agosto de 2000, estarán expostos ó público durante os oito días hábiles seguintes á publicación do presente anuncio no BOP, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

8. Apertura de plicas: a apertura de plicas celebrarase no salón de sesións da casa do concello, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións. Se coincide en sábado, celebrarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Modelo de proposición.

Don/Dona... con domicilio na rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa)... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI o CIF nº... e con domicilio en... nº... teléfono...) toma parte na poxa con procedemento aberto e tramitación urxente para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de recuperación da arquitectura popular del Lino e actuación no seu contorno natural, e para estes efectos fai constar:

1º Que ofrece o prezo de... que significa unha baixa de... en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3º Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Modelo de sobre.

Sobre A «Oferta económica».

«Proposición para tomar parte na contratación das obras de recuperación da arquitectura popular del Lino e actuación no seu contorno natural», presentada por...

En...,... de... de 2000.

Sobre B «Documentación».

«Proposición para tomar parte na contratación das obras de recuperación da arquitectura popular del Lino e actuación no seu contorno natural», presentada por...

En...,... de... de 2000.

11. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Santiso, 14 de agosto de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado