Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAPELA

ACORDO do 4 de agosto de 2000, da Comisión de Goberno Municipal, polo que se acorda inicia-lo expediente de contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámitación ordinaria, da obra incluida no Plan 2000 de Protección de Medio Ambiente, Anualidade 2000 da Deputación Provincial da Coruña.

Obxecto.

É a execución da obra denominada Rota de Turismo Rural río Belelle.

Tipo de licitación.

11.802.123 ptas. (70.932,19 euros).

Fianza provisional.

2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva.

4% do importe de adxudicación.

Información.

Secretaría do Concello. Teléfono: 981 45 90 06.

Proposicións. Data límite.

Ata as 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da derredeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso.

BOP da Coruña.

A Capela, 7 de agosto de 2000.

Anxo López Sueiro

Alcalde-presidente