Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Abegondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de auguas residuais na modalidade de concesión administrativa.

b) Lugar de execución: Concello de Abegondo.

c) Duración do contrato: quince ou vinte anos, porrogables ata o máximo legal.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Ordinaria, aberto, concurso.

4. Tipo de licitación.

Non se establece.

5. Garantías.

Provisional: 500.000 ptas.

Definitiva: 3.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Abegondo.

Enderezo: San Marcos, s/n.

Localidade e código postal: 15318 Abegondo.

Teléfono: 981 64 79 96.

Fax: 981 67 30 50.

7. Clasificación do contratista.

Servicios: grupo III, subgrupo 5, categoría D.

Obras: grupo E, subgrupos 1, 4, 5, 7, categoría C.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado Oferta económica, conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura na cláusula 42 do prego de cláusulas particulares.

Sobre B, subtitulado Personalidade xurídica e xustificantes, conterá a documentación esixida na claúsula 42 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Sobre C, subtitulado Referencia técnica, conterá documentación esixida na cláusula 42 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Abegondo. San Marcos, s/n. 15318 Abegondo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións (artigo 90 LCAP).

9. Apertura de plicas.

En acto público, o día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Criterios de adxudicación do concurso.

Os regulados na cláusula 46 do prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos de correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulres e prescricións técnicas.

Poderanse examinar na secretaría do concello, e presentar alegacións no prazo de 8 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, de conformidade co previsto no artigo 122.1º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no caso de que se formulasen reclamacións contra eles.

Abegondo, 18 de xullo de 2000.

José Antonio Santiso Miramontes

Alcalde-presidente