Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 8/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 19 de xullo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido por Josefa Amelia Lalín Pichel, na rúa San Andrés, 21, que ten como finalidade a rectificación dunha aliñación interior das establecidas no plan de ordenación, para adecuar esta á fixada nos alzados da edificación do mesmo documento.

2. Ordena-la publicación do presente acordo na forma legalmente prevista.».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 11.30 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 21 de xullo de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo