Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración e instalación de software de base e ofimático para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración e instalación de software de base ofimático para Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, tf: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 11/2000.

2. Obxecto do contrato: subministración e instalación de software de base o ofimático para Igape.

Prazo total de execución: o establecido na oferta técnica do adxudicatario, cun máximo de 45 días naturais desde a sinatuta do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 10.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (200.000 ptas.).

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do decimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galica. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama que deberá ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense sobre solucións técnicas ós requirimentos establecidos no prego de prescricións técnicas ofertadas, prazos de execución, condicións de actualización vantaxosa do software, melloras no servicio de instalación e prezo.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12.30 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica