Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de xullo de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, as resolucións dos expedientes de desafiuzamento por ocupación sen título legal C-1-CD/79, conta 378 e outro máis.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, resolución do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, o 11 de xullo de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 49/1999 (ocupación s/ título).

Expedientado: Juan Antonio Rodríguez Abad e herdeiros.

Último domicilio coñecido: O Birloque, bloque 10, 5º B (A Coruña)

(Expte. C-1-CD/79, conta 378).

-Nº expediente de desafiuzamento: 72/1999 (ocupación s/ título).

Expedientado: Francisco e Verónica Rama Vigo e herdeiros.

Último domicilio coñecido: O Birloque, bloque 7, 9º B (A Coruña).

(Expte. C-1-CD/79, conta 276).