Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2000 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público aberto, dos servicios de publicidade exterior do Instituo Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación dos servicios de publicidade exterior do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, tf: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 12/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Concurso público para a contratación de servicios de publicidade exterior do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Vixencia e prazo de execución: 1 ano desde a sinatura do contrato, prorrogable dentro dos límites legais por acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 100.000.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (2.000.000 de ptas).

6. Clasificación: clasificación como empresa consultora ou de servicios no grupo III, subgrupo 3, categoría C.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 25 de setembro de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e dentro prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama que deberá ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses dende a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense sobre bosquexos ou soportes ofertados e sobre planificación de medios.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do día 2 de outubro de 2000 procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10 horas do día 6 de outubro de 2000 procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica